CRUZEIRO Y STRYX

 Os selos discográficos Romantic Songs Recordings, La Rubia Producciones, Interstellar Smoke Records e Vertebrae están orgullosos de presentar unha nova e fascinante colaboración entre a banda “Cruzeiro”, da Galiza, e a banda “Stryx”, italiana, dúas formacións de doom psicodélico con voces principais femeninas. 

A edición desta colaboración, con dous novos singles, en formato split, será en 7”, e sairá tanto de maneira física como dixital o vindeiro 6 de xaneiro de 2024.Dende a mística paisaxística da Galiza, Cruzeiro percorre a súa costa atlántica para retratar as imaxes deixadas polos restos dun naufraxio imaxinario. 

    O seu single “Naufraxio” constrúese a partir de certos fragmentos do poema homónimo do coruñés Aleixandre, nunha viaxe sonora que pretende somerxer aos seus ouvintes nun océano cheo de riffs etéreos e melodías inquedantes, e cunha voz disposta a inmovilizar aos mariñeiros das augas máis salvaxes.

Na outra cara da colaboración, Stryx, unha banda formada entre Italia e Alemaña, presenta o seu novo single "Seta Nera", para enrolar ao seu público nunha seda preta, cos seus riffs sinistros e as súas voces delirantes, cornadas de doom decididas a presaxiar unha inquedante revolta contra a hipocresía da igrexa católica italiana.

Esta novedosa colaboración “plus ultra” entre as dúas bandas reflicte o alcance xa global do xénero do doom de tipo psicodélico e mailo vibrante mosaico da escena musical do noso underground galego.

CRUZEIRO:

Orixinaria de A Coruña, Galiza, a banda, fundada en 2019, está formada por: Beatriz Onyx (Voz), Gon. B (guitarra), Raposa (baixo) y Rust (batería). Banda de sons envolventes e contundentes, lisérxicos e cósmicos, están influenciados por outras bandas como Windhand, Om, Sleep, Electric Wizard e mailo icónico Black Sabbath. CRUZEIRO, unha peregrinaxe sonora a través do folk galego e as profundidades do stoner doom psicodélico.

Discografía:
CRUZEIRO – demo presentación (2019)
CRUZEIRO – “Cruzeiro” (2021)
CRUZEIRO – canción para a apertura do podcast “Sabbra Cadabra” (2023)

STRYX:

Stryx xorde dos mesmos impíos territorios dos que brotaron as bandas Paul Chain, Antonius Rex e as primeiras Death SS en Le Marche, Italia. O compositor e guitarrista The Undertaker convocou a Sacerdotisa (voz), ao Magus (baixo) e ao Wraith (batería), nunha congregación retro tinguida de ocultismo: de aí o nome de Stryx, criatura nocturna sedenta de sangre de orixe grego e latino, semellante ao moucho, fora tamén un controvertido programa de televisión italiano dos anos 70, vinculado tematicamente ao demo e mailo inframundo.

A súa música combina todos estes elementos para contraexorcizar os horrores da igrexa católica italiana coas súas letanías psicodélicas tan impregnadas de fatalismo e nihilidade.


                                                                        
                              
                                               BY MARU                                                                                         
                                                                                                          




Comentarios

Entradas populares de este blog

Poder convertirme en la mejor versión de mi misma a través de la autorealización y la evolución personal es una de las bases de mi día día. Laura Destroyer Ov Cosmos, fotógrafa.

PEIRAO ROCK 2024, PRIMER DÍA

Mi contenido en redes nace de mi necesidad de comunicar y de mi amor incondicional por la música. Lorelayn, La Jefa, creadora de contenido musical.