Os selos discográficos Romantic Songs Recordings , La Rubia Producciones , Interstellar Smoke Records e Vertebrae están orgullosos de presentar unha nova e fascinante colaboración entre a banda “Cruzeiro”, da Galiza, e a banda “Stryx”, italiana , dúas formacións de doom psicodélico con voces principais femeninas. A edición desta colaboración, con dous novos singles , en formato split , será en 7”, e sairá tanto de maneira física como dixital o vindeiro 6 de xaneiro de 2024. Dende a mística paisaxística da Galiza, Cruzeiro percorre a súa costa atlántica para retratar as imaxes deixadas polos restos dun naufraxio imaxinario. O seu single “Naufraxio” constrúese a partir de certos fragmentos do poema homónimo do coruñés Aleixandre, nunha viaxe sonora que pretende somerxer aos seus ouvintes nun océano cheo de riffs etéreos e melodías inquedantes, e cunha voz disposta a inmovilizar aos mariñeiros das augas máis salvaxes. Na ou...